+034 986 09 02 04 Venres 19 de Outubro de 2018

Nava Castro asistiu á Rapa das Bestas de Sabucedo para enxalzar esta Festa galega de Interese Turístico Internacional


Así mesmo, Turismo de Galicia leva a cabo outras actuacións para fomentar a divulgación desta festa tradicional

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu ao curro da Rapa das Bestas de Sabucedo para amosar o apoio do Goberno galego ao impulso desta celebración galega, declarada como Festa de Interese Turístico Internacional dende o ano 2007.

De feito, Turismo de Galicia ten firmado un convenio de colaboración co Concello da Estrada para colaborar na promoción e difusión deste evento cultural e turístico, que xa é unha cita ineludible no calendario de festas galegas. A celebración ten lugar cada ano na parroquia estradense de Sabucedo e consiste en recoller os cabalos do monte para metelos no curro, cortarlles as crinas e marcalos para logo devolvelos ao monte.

Visita da escritora chinesa Huang Yi
Así mesmo, o Turismo de Galicia leva a cabo outras actuacións para fomentar a divulgación desta festa tradicional como, por exemplo, a través dunha viaxe organizada que fará posible que a escritora chinesa Huang Yi poida coñecer de primeira man esta celebración popular e plasmala no seu vindeiro libro sobre tradicións e culturas do mundo, no que tamén narrará aspectos do fenómeno xacobeo e da capital galega.

Paralelamente, a produtora asiática Cloudwave Technology, recompilará material audiovisual de apoio ao traballo de Huang Yi. Neste sentido, dende Turismo de Galicia estase prestando o apoio necesario para que esta produtora poida tomar as imaxes que precisa, que serán gravadas con cámaras especializadas e drons coa finalidade de editalas en formato de realidade virtual.

Deja un comentario