+034 986 09 02 04 Luns 27 de Xaneiro de 2020

O Club Ciclista Ponteareas triunfou nas carreiras celebradas en Teis e na BTT do Vixiador


celebráronse en Vigo dúas competicións en distintas modalidades como son a celebrada no Gran Premio Ciclista de Teis e na II Mini BTT Parque Forestal Vixiador

Nas dúas competicións as nenas e nenos do C.C Ponteareas mostraron a súa gran destreza coa bicicleta, conseguindo así os primeiros postos nas distintas categorías.

Proba diso é que en Teis, na categoría de Alevíns conseguiron un 4º posto de Cristian Giráldez Rodríguez, en Infantís o 2º Posto de Manuel Rodríguez Alonso, en Cadetes un 2º, 5º, 8º e 10º posto de Adrián Giráldez Rodríguez, Guillermo Porto Rodríguez, Felipe Pavón Campos e Álvaro Barral Triñanes.

Así mesmo na categoría de Promesas, o máis novo do club, Arón Porto Lorenzo con 5 anos, conseguía en xincana un digno papel.

Na categoría de cadetes, os mozos do club conseguiron desde o primeiro momento colocarse nos primeiros postos e aguantar como campións ata a chegada a meta.

En Alevíns e Infantís cunha boa saída e tras moito esforzo conseguiron impoñerse e manter os seus postos.
Na cita celebrada na II Mini BTT Parque Forestal do Vixiador, os pequenos do club mostraron a todo o público que alí se atopaba o seu manexo da bicicleta e o gran esforzo que hai detrás.

Conseguiron así o 1º posto na Categoría masculina de Benjamín por parte de Aarón Rodríguez Areas, o 2º e 3º posto na categoría Feminina de Promesas por parte de Helena Quintero Lorenzo e Alba Gregores Lopez, o 5º posto na categoría de Principiantes por parte de Héctor Quintero Lorenzo, sendo xa un habitual que lestes pequenos do club acaben nos mais altos postos das súas categorías.

Á parte dos nenos que conseguiron os primeiros postos das súas categorías, outros nenos do club marcaron unha boa saída e a filosofía que invade ao club como é principalmente o que os nenos gocen da bicicleta, transmitindo esa filosofía ás carreiras nas que sempre gozan correndo.

O gran labor desenvolvido polo adestrador Jose Francisco Veiga García, en tratar que as nenas e nenos do club gocen da bicicleta, trae como resultado que 3 bikers representarán a Galicia nos Campionatos de España que se realizarán en Mérida o próximo fin de semana.

Na categoría de Infantís representará a Galicia Manuel Rodríguez Alonso e na categoría de Cadetes os representantes serán Adrián Giráldez Rodríguez e Guillermo Porto Rodríguez.

Deja un comentario