+034 986 09 02 04 Xoves 05 de Decembro de 2019

A Xunta destina máis de 1,3 millón de euros para o fomento do emprendemento feminino a través do Programa Emega


O vicepresidente e a secretaria de Igualdade visitaron a empresa Onírica, unha das beneficiarias do Programa Emega

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou unha das empresas beneficiarias do Programa Emega, que na convocatoria deste ano, destina máis de 1,3 millóns de euros para o fomento do emprendemento feminino.

O Diario Oficial de Galicia fixo pública o pasado venres a resolución que establece as bases reguladoras para a concesión de axudas do Programa Emega, destinadas ao fomento do emprendemento feminino, promoción do emprego e novas formas de organización do traballo que axuden a conciliación da vida persoal e laboral.

Dende o goberno galego apostase por fomentar as iniciativas empresariais promovidas por mulleres, así a Secretaría Xeral de Igualdade conta cunha liña de actuación concreta neste ámbito, o Programa Emega, que comprende un conxunto de axudas para o fomento do emprendemento feminino no cal se levan investidos, dende o ano 2009, máis de catro millóns de euros, o que permitiu crear preto de 500 postos de traballo en Galicia.

De forma máis concreta, o programa constitúe unha medida integral de promoción da igualdade no eido laboral, que persegue apoiar o desenvolvemento da actividade empresarial e accións favorecedoras da conciliación laboral e familiar, esenciais para o éxito da iniciativa emprendedora feminina. Deste xeito, búscase que aquelas mulleres emprendedoras que o desexen poidan materializar as súas ideas empresariais, contribuíndo a creación de novos postos de traballo.

Para lograr os seus obxectivos, o programa Emega porase en marcha a través de cinco liñas de actuación específicas. Así, a liña “Emprende” estará destinada a posta en marcha de novas empresas, a liña “Innova” para a promoción de melloras en empresas lideradas por mulleres, “Activa”, que busca a reactivación e consolidación de proxectos empresariais, a liña “ITEF”, que se centra na axuda para a posta en marcha de iniciativas empresariais de base tecnolóxica).

Por outra banda, están deseñadas dúas modalidades de axudas complementarias ás liñas descritas anteriormente, a primeira, a modalidade “Concilia”, un programa de apoio a conciliación da vida laboral e, a segunda, a modalidade “Dual” para apoiar a participación das promotoras no programa de titorización, co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria.

Para as axudas desta convocatoria -cofinanciadas con Fondos FSE- destinarase un orzamento de 1.338.100 euros.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias deste tipo de axudas as empresas ou proxectos empresariais formados por mulleres que teñan domicilio social e establecemento de produción en Galicia, que non `pertenzan o sector público nin sexan entidades sen ánimo de lucro.

Ademais, valoraranse entre outros criterios a calidade do proxecto, a contribución á integración laboral de mulleres en paro, con algún tipo de discapacidade ou outro tipo de situación especial ou risco de exclusión social.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes, contando a partir da publicación desta resolución no DOG o venres 1 de xullo. Dita presentación poderá realizarse por vía electrónica, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

Deja un comentario