+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

Amplíase o prazo para inscribirse na actividade de monopatín organizada no marco do DeporuArte


O Concello de Bueu oferta como actividade dentro do Programa DepoRúarte da Deputación o monopatín, cuxo prazo de inscrición se amplía ata o 22 de xullo.
Poderán inscribirse gratuitamente ata un máximo de quince mozos e mozas de entre 14 e 30 anos de idade, con preferencia para os empadroados en Bueu. Os interesados terán que cubrir e entregar no Rexistro Xeral do Concello un formulario descargable na web municipal ou na da Deputación de Pontevedra, xunto a unha fotocopia do DNI e xustificante de empadroamento. No caso dos menores é preciso a autorización de participación dos representantes legais.
A actividade desenvolverase na pista de skate do concello e os obxectivos son adquirir coñecementos, habilidades e destrezas básicas sobre o monopatín, exercitar o equilibrio e enfocar a patinaxe en monopatín como actividade física saudable.

Deja un comentario