+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

O Pazo de Mos acolle unha homenaxe á poeta María Magdalena


O Concello de Mos e a Fundación Pazo de Mos organizan conxuntamente unha homenaxe na honra da poeta mosense María Magdalena. O acto celebrarase no Pazo de Mos o vindeiro 9 de xullo ás 20.00 horas.

Trátase dun evento no que se contará coas actuacións da Banda de Gaitas Santa Eulalia de Mos e o Grupo de Acordeóns Argonat Band. A entrada será libre para todo o público interesado en asistir.

Segundo informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, a idea de facerlle esta merecida homenaxe a María Magdalena surxiu ante a proximidade da celebración do seu 94 cumpreanos, que será o vindeiro luns, 11 de xullo. Con este xesto prémiase a traxectoria literaria de María Magdalena, considerada unha das tres mellores poetas galegas sen estudios.

A este respecto as representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, insistiron en que “como gran artista do Concello de Mos que é, merece máis que sobradamente este recoñecemento público. É unha muller digna de admiración, porque ademais do seu labor literario, é unha muller forte, traballadora e loitadora, que sacou adiante á súa familia. Ademais, destaca pola súa vinculación ó mundo asociativo e cultural deste noso municipio”.

Así mesmo quixeron agradecerlle a María Magdalena “o traballo de toda unha vida por, sobre e para Mos”. E recalcaron que é “unha das figuras femininas máis importantes e relevantes deste Concello”.

Durante a súa traxectoria literaria, María Magdalenda desenvolveu unha prolífica carreira como escritora. Destaca pola sensibilidade das súas intimistas composicións poéticas, e pola viveza e espontaneidade dos seus textos que os fai tan atractivos para todo tipo de lectores.

Con esta homenaxe María Magdalena recibirá na súa parroquia, a de Mos, a gratitude de todo o municipio polo seu labor de toda unha vida.

Deja un comentario