+034 986 09 02 04 Xoves 22 de Febreiro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Xunta de Goberno destina 340.000 € A Agolada, Lalín e A Lama ao abeiro da liña 1 do plan concellos


O Goberno provincial leva investidos 17,6 millóns de € ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2016, un grao de execución do 63%

Ata o momento xa se concedeu o 74,13% da totalidade do Plan polo que os concellos teñen xa nas súas mans preto de 30 millóns € para realizar actuacións

A Xunta de Goberno da Deputación provincial vén de aprobar catro axudas a tres concellos da provincia, cun investimento total de 340.461,64 €, ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2016. Estes tres concellos son Agolada, Lalín e A Lama.

No que vai de ano, o Plan Concellos dentro da súa liña 1 leva investidos 17.609.591,42 € nos concellos da provincia, o que supón un grao de execución ata o momento do 63,1% en canto a investimentos.

Ao abeiro da liña 1, Agolada recibiu 180.122,64 € destinados á realización de melloras de camiños de titularidade municipal, 83.708,84 € con firme de formigón e outros 96.413,80 € con firme de asfalto. Por outra banda, os 63.339 € achegados a Lalín correspóndense co obxecto de reforzar o pavimento das pistas de Soutolongo, Sello e Moneixas e, por último, A Lama recibe 97.000 € para o ensanche e mellora de pavimentos e drenaxes de camiño en Barcia de Seixo.

Con estas achegas, os graos de execución do Plan Concellos (nas catro liñas) nestes concellos sitúanse do seguinte xeito: Agolada un 78% (381.316,24 €), Lalín o 76,5% (1.293.158,31 €) e A Lama 62% (284.254,53 €).

Deja un comentario