+034 986 09 02 04 Luns 09 de Decembro de 2019

Mondariz presenta un Programa Cultural de Verán con máis de corenta actividades


O Concello de Mondaríz vén de presentar a súa programación cultural para este verán 2016, que contará con máis de corenta actividades a desenvolver nos meses de xullo e agosto.

O Programa Cultural está deseñado coa intención de ser apto para todos os públicos e cun amplo abano de iniciativas que van dende a música ao teatro pasando por espectáculos de maxia, actividades gastronómicas ou eventos deportivos.

Trátase, principalmente, de ofrecer “a veciñas e veciños actividades nas que ocupar o tempo de lecer durante a época estival”, asegura o Goberno local de Mondariz, pero tamén co claro obxectivo de “dinamizar e fomentar o turismo”.

Nese sentido, Mondariz ofrece un programa, amplo e variado, capaz de atraer aos numerosos visitantes que, durante o verán, elixen as terras do Condado para pasar as súas vacacións.

Segundo o Goberno de AporM-PSOE, Mondariz ten que aproveitar “o tirón” que ten O Condado como destino turístico de calidade, e en especial o turismo termal do veciño Mondariz Balneario, “para dar a coñecer as súas enormes posibilidades como lugar de vacacións que, amais da súa riqueza natural, histórica e patrimonial, ofrece un amplo programa actividades de lecer para todos os gustos”.

Deja un comentario