+034 986 09 02 04 Luns 20 de Novembro de 2017

O secretario xeral de Cultura visita en San Simón o Campamento Musical San Simón Fiddle


Anxo Lorenzo compartiu os ensaios do concerto desta tarde co cento de alumnos que participan neste proxecto educativo e cultural galego de proxección internacional e que ten como protagonista o violín chinés na súa quinta edición

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou na Illa de San Simón o campamento musical San Simón Fiddle, onde tivo ocasión de compartir co cento de alumnas e alumnas que participan nesta iniciativa os ensaios do concerto que terá lugar esta tarde.

Desde o pasado luns e ata mañá, San Simón acolle este proxecto educativo e cultural galego con proxección internacional no que nenos e nenas teñen a oportunidade de aprender, dun xeito lúdico e participativo, a potenciar o emprego de instrumentos de corda (violín, viola, chelo, contrabaixo e guitarra acústica) dentro da música tradicional e a compartir experiencias arredor da música.

Promovido por Galicia Fiddle co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, o campamento dedica a súa quinta edición á cultura chinesa e á súa música tradicional, arredor do violín chinés (ERHU). Con este motivo, membros da asociación cultural Galicia Fiddle contaron para a ocasión con mestres procedentes de Beijing, que están a compartir cos nenos e nenas galegos a música e tamén os costumes, a gastronomía e os xogos da cultura asiática. Ademais, participan no campamento dúas nenas que viaxaron desde China, acompañadas da mestra Wang Xiujuan.

A Secretaría Xeral de Cultura vén colaborando con esta formación destinada a potenciar os novos instrumentistas de corda de niveis diversos dunha maneira lúdica e participativa.

Deja un comentario