+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

O concello de Bueu arranca co programa de monicreques e de cine na rúa


O Concello de Bueu inicia a temporada estival ateigadas de eventos, tales como os monicreques de verán e as sesións de cine na rúa, que comezarán este martes e mércores respectivamente e que se estenderán ata agosto.
En concreto, este martes 12 de xullo, a compañía Títeres Cachirulo presenta na Praza Massó a partir das 21 horas o seu espectáculo “Pinocho” baseado no conto de Carlo Collodi “Le aventure di Pinocchio”. A actuación terá unha duración de 55 minutos, e vai dirixida a un público infantil, que poderán gozar dunha historia interpretada nas voces de Carmen Domech e Jorge Rey.
E o mércores ás 22.30 horas, proxéctase o filme “Del Revés” na Praza Massó no marco das sesións de cine na rúa. Esta película fala das diversas emocións (Ledicia,Medo, Ira, Noxo e Tristura) que experimentan as persoas que coma o protagonista Riley, pasan por diversas circunstancias.
As sesións de títeres continuarán nas vindeiras semanas, e por agora xa están confirmadas as sesións do martes 19 de xullo, cando Tarabelos presentará “Amoriños contei”, e o 26 de xullo, con Tanxarina e a obra “Titiricircus”. Do cine na rúa, tamén se adianta que o mércores 20 de xullo vaise poder gozar do filme “La oveja Shaum”

Deja un comentario