+034 986 09 02 04 Martes 20 de Agosto de 2019

Mos asina un convenio con Augas de Galicia:350.000€ para acometer os saneamentos na Picota en Tameiga e Atin Cela


A Alcaldesa do concello de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe que se aprobou en Xunta de Goberno Local a firma do convenio de colaboración co organismo Augas de Galicia, que permitirá seguir mellorando e ampliando a rede de saneamento do municipio.
As obras que se pretenden executar ao abeiro deste convenio constisten na execución de nova rede de saneamento en puntos do rural do concello de Mos, que aínda non dispón dela, na zona de Picota-TAMEIGA e Atín-CELA. Ditas obras realizaranse de forma inmediata pois xa contan con todos os permisos e autorizacións pertinentes dos distintos organismos.
O obxectivo destas obras é mellorar as condicións de vida nestas zonas de Mos, dotándoas de redes de saneamento, eliminando puntos de vertido, e, con elo, mellorando a calidade das augas dos ríos da contorna.

Ditas actuacións serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), Europa inviste no rural nun 75% do gasto elixible, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) Galicia 2014-2020. O custo total para a actuación de referencia contemplada neste convenio financiarase íntegramente por Augas de Galicia, cunha cantidade de 350.000 euros. Dito convenio terá efectos desde a data da súa sinatura e estenderá a súa vixencia ata o 31.12.2018.

1.- Actuación en Atín-CELA:
Esta actuación consiste na instalación de 989 metros de colector PVC 315 mm, en dous tramos, un na marxe esquerda da estrada PO-331 (Estrada Porriño-Gondomar), e outro nun pequeno ramal que desemboca neste.
A súa posta en servizo dará servizo a unhas vinte vivendas, o que constitúe unhas 40 persoas máis que se van beneficiar de dito servizo.

2.- Actuación en Picota-TAMEIGA:
Esta actuación discorre polo camiño Madán e camiño Picota, na parroquia de Tameiga.
Instálanse catro tramos de colector, un pozo de bombeo prefabricado e un tramo de impulsión. Os colectores de gravidade son todos de PVC 315 mm e suman unha lonxitude de 664 metros. A impulsión realizase con tubaxe de PEAD PN10 e diámetro nominal 50mm, cunha lonxitude de 72 metros.

O pozo de bombeo é prefabricado, de sección circular. Sobre él se executará unha losa de formigón armado HA-30, para poder resistir as cargas de tráfico.

Esta actuación vai dar servizo a unhas 25 vivendas, o que se traduce en 50 habitantes máis que contarán con dito servizo.

Deja un comentario