+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

O Concello de Ribadumia e os seus asistentes valoran moi positivamente a II Xornada de Emprego


 

Tanto ETTs como poñentes de Smartpeme ou coaching foron valoradas positivamente polos asistentes

O Concello de Ribadumia informa que a II Xornada de Emprego celebrada o pasado venres 8 de xullo foi valorada moi positivamente tanto pola organización como polos asistentes, e poñentes convidados.
Durante a mesma acercouse a posibilidade a veciños e visitantes de que tivesen contacto directo e cercan coas ETTs convidadas, como Synergie ou Nexo 8. De xeito que durante toda a mañá leváronse a cabo entrevistas persoais.
Ademais disto, durante a mañá se levaron a cabo tamén dinámicas de grupo sobre motivación para a busca de emprego da man da coach Raquel Barrero. E un taller práctico sobre o uso das redes sociais na busca de emprego, o que axiliza a tarefa laboriosa de localizar ofertas e presentar o curriculum vitae as diferentes empresas.
Por estes positivos resultados se valora xa a posibilidade de celebrar outra xornada antes de rematar o ano, no propósito do Concello de facilitar e acercar os veciños as demandas de emprego e as opcións de busca de traballo.

Deja un comentario