+034 986 09 02 04 Sábado 14 de Decembro de 2019

Comezan os traballos na senda peonil que unirá Arcade e Soutomaior


 

A actuación ten un orzamento total de máis 82000 euros
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, supervisaron  o comezo das obras das dúas sendas peonís e ciclistas que unirán Arcade e Soutomaior. Ambas as sendas instalaranse paralelas á estrada PO-244 e terán unha lonxitude total de 400 metros.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, definiu o proxecto como “moi positivo para o municipio xa que permitirá ir desde Arcade a Soutomaior camiñando ou en bicicleta de maneira totalmente segura”. Ademais, tras expresar a súa gratitude ao delegado, destacou que “a instalación desta senda nos arredores dun centro escolar aumentará a seguridade viaria nunha zona especialmente sensible”.
Pola súa banda, o delegado territorial destacou que “trátase dunha senda que une dous núcleo de poboación dentro dun mesmo municipio e supón unha importante mellora en seguridade viaria para peóns e vehículos no Concello de Soutomaior, onde a Xunta investirá máis de 82000 euros”.
A primeira das sendas, de 230 metros de lonxitude, prolongará o tramo peonil xa instalado actualmente na PO-244 ata a pasarela instalada no acceso do colexio Santiago Apóstolo. A vía terá unha sección mínima de 1, 80 metros que compartirán peóns e ciclistas. Os traballos para esta primeira senda comezaron esta mesma semana e teñen un prazo de execución de tres meses.
A construción do segundo viario, que terá unha lonxitude aproximada de 150 metros, comezará durante este verán e tamén terá que estar terminada en tres meses desde o seu inicio.

Deja un comentario