+034 986 09 02 04 Domingo 09 de Agosto de 2020

Nigrán recibe 170.000 € para a humanización do torreiro e a rehabilitación de Priegue ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2016


O grao de adxudicación do Plan Concellos en Nigrán sitúase preto do 74%, o que supón un investimento na vila de 697.019,81 €

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas novas achegas ao abeiro da liña 1, a dedicada a investimentos, do Plan Concellos 2016. Nesta quenda, aprobáronse dous investimentos por valor de 168.260,60 €, correspondéndose 94.365,15 € á humanización do torreiro da vila e, os 73.895,45 € restantes á rehabilitación do parque, da escola e da zona deportiva de Priegue.

Esta actuación súmase ás xa aprobadas anteriormente polo Goberno provincial ao abeiro do Plan Concellos, que destinou 280.481,82 € na liña 1 á creación de parquesen San Roque (Campos, neste caso infantil), en San Pedro (na rúa Ana Isabel Costas) e o parque mestre Xosé Vázquez Grela, subministrar o mobiliario urbano da Alameda de San Campio e crear un parque biosaudable en Chandebrito, así como35.062,08 € na liña 3 para a celebración de diversas actividades (a Carreira Nigrán Área, “Illas Estelas”, guías por sendeiros, un programa municipal de canguros, os campamentos de verán, “Verán en Nigrán”, “Outono Cultural”, a II Trail e BTT Nigrán, o Campionato Mundial de Bolos, a Festa de San Félix, o Entroido, o Nadal Cultural e o Festival Nigrán Jazz – X Aniversario) e213.215,31 €, finalmente, na liña 4 –emprego– para a contratación de 29 traballadoras e traballadores que están a traballar nos servizos municipais da vila.

No que levamos de 2016,o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Nigrán sitúase no73,6% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila por parte do Goberno provincial ao abeiro desta iniciativaacada a cifra de697.019,81€.

Deja un comentario