+034 986 09 02 04 Venres 25 de Maio de 2018

A Asociación Deportiva Wudang de Ponteareas participa nun curso internacional de wushu con expertos de China


O evento tivo lugar en Ourense e achegáronse nove deportistas do colectivo na que intercambiaron coñecementos con catro profesores da federación chinesa.
Os mestres enviados ata Galicia supervisarán e ampliarán os coñecementos dos alumnos e alumnas sobre este arte marcial orixinario de China neste curso internacional. Nove foron os afortunados deportistas da A. D. Wudang de Ponteareas, que completaron con éxito os sete días de curso intensivo.

Luis Argüelles, director da asociación, técnico e seleccionador galego na modalidade de taolu, cualificou “de éxito rotundo” esta cita onde deportistas de toda Galicia e doutras comunidades puideron aprender e mellorar destrezas da man dos profesores campións chineses.

A A.D. Wudang ven de acadar varios campionatos nacionais e internacionais e continúa “sen descanso” coa formación de deportistas de alto nivel, así como doutras actividades e eventos.

Deja un comentario