+034 986 09 02 04 Domingo 09 de Agosto de 2020

O concello de Pazos de Borbén rende homenaxe ao deportista infantil Xian Alvariño


O mozo ciclista, de 8 anos de idade, proclamouse campión do último Open de Galicia XCO de Coruxo
O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, xunto ao edil de deportes, Francisco Amoedo, acompañados por outros membros do equipo de goberno, recibiron de forma oficial ao novo ciclista local, Xian Alvariño, tras a súa recente vitoria no Open de Galicia XCO de Coruxo co Club Ciclista Redondela. Ao acto asistiron, ademais varios familiares do novo campión, varios veciños do municipio que quixeron unirse á homenaxe.
Durante un acto distendido, o deportista compartiu cos presentes algúns dos momentos máis importantes da súa prometedora e incipiente carreira. Desde que comezou a correr aos 5 anos de idade ata que empezaron a chegar as vitorias e os recoñecementos como o de onte, con tan só oito anos de idade. 2Foi todo un pouco raro porque cando tiña os ruedines non lle gustaba nada a bici. Foi quitarllos e non querer baixarse”, comenta Silvia, a nai de Xian.
Así mesmo, Xian recibiu o ánimo e apoio dos membros da Corporación municipal “e de todos os veciños de Pazos que estamos orgullosos de contar cun campión como ti”, afirmou o alcade, que agregou que 2Xian é todo un exemplo a seguir pola mocidade do municipio”..
Do mesmo xeito, Igrexas desexou unha longa e próspera carreira e pediulle que levase ?o nome de Pazos de Borbén polo mundo adiante con toda a dignidade da que fas gala?. Como recordo do acto o deportista recibiu un diploma aos seus méritos deportivos do Concello e unha medalla conmemorativa.

Deja un comentario