+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Agosto de 2018

O Concello iniciou unha nova limpeza de colectores de lixo


 

Logo dunha intensa fin de semana a primeira hora da mañá comezaron os traballos e limpeza que xa se realizara hai unhas semanas

Ante a intensa actividade desta ponte no Concello os servizos de limpeza realizaron unha limpeza adicional dos colectores de lixo para evitar problemas de cheiros ou suciedades. A limpeza comezou pola rúa Tenente Domínguez, Avenida Beiramar, Praza do Corgo e Paseo de Lordelo e continuará mañá por máis rúas.

Dende o Concello do Grove incídese na necesidade da colaboración cidadá xa que se seguen detectando verquidos de lixo nos colectores sen a correspondente bolsa de plástico. Este comportamento resulta especialmente grave no momento actual debido ás altas temperaturas xa que supón provocar que os colectores de lixo poidan causar mal cheiro, se a isto engadimos non respectar os horarios de depósito das bolsas, o problema pode verse agravado.

Deste xeito, e a pesares de realizar un reforzo na limpeza interior exterior dos colectores, requírese a colaboración cidadá para realizar correctamente o depósito do lixo (no horario adecuado e sempre en bolsas) e de informar aos visitantes sobre estas normas de comportamento. A mellora neste aspecto supón evitar problemas de suciedade que provocan unha mala imaxe de cara o turismo e unha incomodidade para os veciños e veciñas.

Deja un comentario