+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

O xoves 28 de xullo ás 21 horas, a Libraría Miranda de Bueu organiza a presentación do libro de Olga Romay Los hijos senador


O xoves 28 de xullo ás 21 horas, a Libraría Miranda de Bueu organiza a presentación do libro de Olga Romay Los hijos senador nun acto que terá lugar na sala Domínguez Búa e que contará coa presenza da autora e do libreiro Fernando Miranda.

SINOPSE: O senador Servilio, casado cinco veces, ordeou aos seus fillos que non se movesen da súa vila de Campania mentres durase a guerra entre César e Pompeio. El partiu a unirse a este último, pero antes nomeou ao maior dos seus fillos pater e entregoulles unha listaxe con tres homes nos que podían confiar en caso de perigo.

Desobedecendo ao seu pai, os rapaces regresan a Roma, pero agora a ciudad é perigosa e César disponse a tomala dun momento a outro. Cun pai ausente, fortuna e beleza, déixanse levar polos praceres da urbe sen darse conta dos riscos que corren. As súas nais, patricias romanas de elevada posición, non teñen máis remedio que intrigar para que os seus fillos sobrevivan á guerra civil que se achega.

Nunha cidade abandonada á súa sorte, carente por completo de goberno, os fillos do senador descubrirán que as loitas polo poder e as intrigas están máis preto do que cren e que rematarán enleándose nas súas vidas aínda que non o queiran.

Deja un comentario