+034 986 09 02 04 Luns 09 de Decembro de 2019

O concello do Porriño obten unha subvención do Goberno de Galicia para a contratación dun Prospector de Emprego


O Goberno de Galicia, por medio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ven de aprobar a solicitude de subvención presentada pola Concellería de Emprego do Concello do Porriño para a contratación dun Prospector de Emprego.
A achega de 21.930,30 € permitirá a contratación, durante un ano, dun profesional que se encargará da realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no ámbito do concello.
Entre as súas funcións estarán a de informar aos veciños en paro sobre o mercado de traballo e as medidas e servizos ofrecidos polos servizos públicos de emprego, ofertas de traballo existentes e incentivos e medios para o apoio ás iniciativas emprendedoras e mellora da cualificación.
Ademais, terá que facer unha diagnose individual e personalizada de cada demandante de emprego, e se ocupará do seguimento dos itinerarios individualizados e acción para a mellora da empregabilidade, como a busca activa de emprego, traxectoria formativa ou emprendimento.
Por último, contactará con empresas para difundir información sobre iniciativas para facilitar a inserción laboral e realizará unha prospección sobre as necesidades de persoal de cada unha das empresas coas que manteña contacto.

Deja un comentario