+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

O PP propón que Pontevedra se sume á Ruta Padre Sarmiento


“O turismo é un sector indispensable para a reactivación económica da nosa cidade, temos que aproveitar as nosas fortalezas turísticas”

“O turismo é un sector indispensable para a reactivación económica da nosa cidade, temos que aproveitar e impulsar as nosas fortalezas turísticas”. Baixo esta premisa, os populares propoñen que Pontevedra se sume á Ruta Padre Sarmiento, que recupera o traxecto realizado por Frei Martín Sarmiento no ano 1745 e que tivo como punto de partida a cidade do Lérez.

O pasado mes de maio presentouse este itinerario en Sanxenxo, un percorrido que transcorre por diversos municipios de O Salnés, e que documentouse na obra do Padre Sarmiento, “Viaje a Galicia”.
E neste sentido, os populares aposta por engadir esta ruta á oferta turística e gastronómica de Pontevedra, para o que é necesario unha tramitación previa coa Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia e coa Mancomunidade de O Salnés. “Sería moi beneficioso para a nosa cidade, para o noso turismo en xeral, e para a nosa hostalería en particular”, salientou hoxe o concelleiro popular, César Abal, quen presentou a moción que se debaterá no vindeiro Pleno municipal.
Así, o Grupo Popular insta ao Goberno local a iniciar os trámites oportunos para que Pontevedra se una a esta iniciativa, e solicitan ademais que o Concello participe activamente na difusión e promoción da Ruta Padre Sarmiento.

Deja un comentario