+034 986 09 02 04 Sábado 23 de Xuño de 2018

A segunda edición da carreira “+5 Bandeira Azul” abre a programación festiva de Ponte Caldelas para este mes de agosto


foto carrera calzada 2

As inscricións, ao prezo de 5,20 euros, están abertas ata a medianoite de mañá mércores na web de Cronotec

A convocatoria máis atlética de Ponte Caldelas chega na noitiña deste sábado, día 6, coa celebración da segunda edición da carreira popular “+5 Bandeira Azul”. A proba abre, ás 19.15 horas cos mais pequenos e a partir das 20.30 os demais participantes, dando comenzo a programación do Agosto Cultural que enche de actividades á capital do Verduxo durante todo o mes.
O alcalde, Andrés Díaz, acudiu hoxe ata a praia fluvial da Calzada para presentar esta segunda edición, mantendo tamén unha reunión no concello cos operativos de seguridade, para unha carreira que chega coa pretensión de irse consolidando ano a ano no calendario galego de carreiras populares. Na primeira edición participaron un total de 143 atletas, aos que se sumaron outros 100 participantes nas categorías inferiores, polo que este ano agárdase superar esta cifra.
A inscrición está aberta ata a medianoite de mañá mércores no sitio web www.cronotec.es. Ten un custo total de 5,20 euros. As incidencias coa formalización da inscrición poden comunicarse ao teléfono 986 090898 ou ao enderezo mail carreras@gestsportgalicia.es.
Andrés Díaz explicou que trátase dunha carreira de 5.000 metros que está considerada como moi rápida, ao ser completamente chan. O circuíto transcorre entre a Alameda e a contorna do río Verduxo. Inclúe grandes rectas o que propicia a obtención de moi boas marcas. Todo elo nun entorno de gran beleza, especialmente no paseo da Calzada. O alcalde engadiu que o ano próximo, xa coa terceira edición, este paseo estará completamente reacondicionado gracias ao asfaltado integral e dotación de carril bici que proxecta o Goberno local.
A carreira popular incluirá as habituais categorías inferiores para os rapaces, con inscrición gratuíta que será posible realizar ata as 19 horas na liña de saída, aínda que tamén é posible facela pola Internet. Ademais haberá categorías junior, promesa, senior e sete categorías de veteranos, todas elas con saída ás 20.30 horas para as que é preciso apuntarse pola plataforma de Cronotec.
A organización pon servizo de gardarroupa, vestiario e duchas ao dispor dos participantes. A entrega de trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría e aos primeiros corredores locais masculino e feminino será a partir das 21.45 horas na Alameda.

Deja un comentario