+034 986 09 02 04 Mércores 23 de Maio de 2018

Comeza o asfaltado da zona de Porto Meloxo


 

Procederase ao asfaltado do vial que vai dende a Asociación de Veciños ao Porto

A partires do 2 de agosto deron comezo os traballos de asfaltado da zona do Porto de Meloxo. Procederase ao arranxo total da estrada comezando na zona enfronte ao local da Asociación de Veciños e continuando ata as instalacións portuarias. Trátase dunha zona pertencente a Portos de Galicia que se atopa agora mesmo en moi mal estado debido a grande cantidade de tráfico pesado que percorre esta estrada.

Os traballos prolongaranse durante varios días e realizarase un desvío de tráfico polos víaas alternativos polo que se solicita a colaboración cidadá para evitar problemas de circulación nestes poucos días.

Para máis información

Deja un comentario