+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

Porriño acolleu o curso de incendios urbanos e forestais para membros de protección civil


En total 27 membros de Protección Civil de Mos, Ponteareas, Porriño, Redondela e Tomiño asistiron a este curso de formación específica en materia de incendios e primeiros auxilios

Durante o último mes Porriño acolleu un curso de «Incendios Urbanos e Forestais» dirixido a integrantes de Protección Civil, ao que asistiron un total de 27 voluntarios.
Este curso, ten como obxectivo ampliar e reafirmar os coñecementos dos integrantes dos equipos de Protección Civil, en materia de control e extinción de lumes producidos tanto en mobiliario urbano como nos que afectan ás zonas forestais.
A actividade formativa, subvencionada pola Xunta de Galicia, foi desenvolvido entre o Multicentro de Torneiros -a área teórica- e o Velódromo Municipal -a área práctica- impulsado e coordinado poloConcello de Porriño e Protección Civil do noso municipio.
Os participantes, provenientes dos municipios de Mos, Ponteareas, Porriño, Redondela e Tomiño, valoraron moi positivamente este curso no que se desenvolveron conceptos xerais como a natureza dos lumes, a súa clasificación, características dos combustibles ou as causas frecuentes dos incendios.
Un instrutor de bombeiros da academia da Estrada, foi o encargado de impartir este curso no que tamén se trataron os métodos de extinción, o lume de vexetación ou os factores de propagación; sen que se nos esquece a seguridade nas extincións. Tras as clases teóricas, o pasado sábado realizaron prácticas cos distintos medios de extinción no Velódromo Municipal; o curso complementouse cunha área de primeiros auxilios.

Deja un comentario