+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

179 veciños doaron sangue na última visita da unidade móbil no mes de xullo


Tui ten unha media de 62 doazón por cada mil habitantes

O Concello de Tui e a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos amosan o seu agradecemento á poboación de Tui pola excelente resposta á campaña de doazón de sangue desenvolvida no municipio os pasados días 18 e 19 de xullo cando 179 veciños se achegaron á unidade móbil para realizar unha doazón.
Do total de persoas que se achegaron ata unidade situada na Praza de Galicia 152 puideron doar sangue e 7 deles era a primeira vez que o facían.
Esta resposta da poboación tudense continúa na liña dos últimos anos. Así compre lembrar que en 2015 houbo 1.048 doazóns de sangue en Tui co que sitúa a media anual en 62 doazón por cada mil habitantes, unha cifra que está por riba da media galega. Precisamente grazas a esta boa resposta a unidade acode unha vez ao mes á cidade. Tui conta con 2.504 doadores censados que realizaron 16.755 doazóns de sangue dende a primeira visita da unidade móbil do CTG en marzo de 1995.

Deja un comentario