+034 986 09 02 04 Venres 26 de Abril de 2019

Bueu licita as obras de rehabilización do firme do camiño de Chans e a adquisición dunha varredora


O Concello de Bueu vén de abrir o prazo para a presentación de ofertas para as obras de rehabilitación do firme do Camiño que vai de Cela a Chans, que se fará con cargo ao Plan Marco da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), no programa de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias cun importe de 75.243,67 euros. As obras que se pretenden levar a cabo son as de limpeza de cunetas e asfaltado, debido á existencia de varios fochancos nela, e as empresas interesadas dispoñen dun prazo de trece días a contar desde este mércores.
Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincia tamén publicou hoxe o anuncio para adquisición dunha varredora – aspiradora para o servizo de limpeza do Concello de Bueu, que ten un orzamento de 120.000 euros, con cargo ao Plan Concellos da Deputación. O prazo de presentación de ofertas é de quince días naturais seguintes ao da publicación do anuncio no boletín da provincia.

Deja un comentario