+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

Os días 13 e 14 terá lugar o XXV Torneo de Fútbol Concello de Ribadumia, no Campo Municipal de A Bouza


O Concello de Ribadumia informa que esta fin de semana, 13 e 14 de agosto, terá lugar o XXV Torneo de Fútbol do Concello de Ribadumia.

Os partidos que terán lugar durante os dous días as 18:00 h e 20:15 h, enfrontarán os equipos Umia CF, CD Ribadumia, Unión Dena e CF Cordeiro.
O evento organizado en colaboración por Umia CF, CD Ribadumia e Concello de Ribadumia, celebra este ano as súas bodas de prata engadindo ó acto un agradecemento as directivas e equipos que hai 25 arrancaron esta idea.
De tal xeito estase xestionando para poder reunir o domingo a todos os xogadores, adestradores, e presidentes de directiva daqueles equipos que con iniciativa puxeron en marcha este proxecto futbolístico.
Acto de recoñecemento que terá lugar o domingo as 22 h, unha vez rematados os partidos.

Deja un comentario