+034 986 09 02 04 Mércores 28 de Outubro de 2020

Reunión no Concello coa ANPA San Xuvite


O Concello de Cotobade establece a liña de traballo no inicio do curso académico

O Alcalde do Concello de Cotobade reuniuse coas representantes da ANPA San Xuvite do CEIP de Tenorio para valorar o inicio de curso.
Cumpridos xa os dous primeiros meses de clases, o rexidor mantivo unha reunión coa ANPA do CEIP de Tenorio para valorar as actuacións de mellora que o Concello leva feito para o inicio do curso, e as novas demandas detectadas tanto a nivel actividades: Neste caso a ANPA e o Concello traballan coordinadamente na xestión de actividades
deportivas co concello, como son os equipos de taekwondo e piscina ante outros organismos e outras extraescolares, como inglés, en colaboración. E tamén, a valoración do funcionamento do comedor escolar.
Así como nas melloras estructurais: Salientar a mellora no parque infantil levado a cabo polo CEIP de Tenorio no que o Concello tamén colaborou. Melloras que presenta non so o colexio, senon todos os recursos que actualmente se empregan no desenvolvemento de atuacións adicadas aos escolares para axudar a conseguir unha formación integral dos rapaces do concello, así coma uns espazos axeitados.
As ANPAS dos centros de ensino do Concello viron aumentado a colaboración do concello cun aumento do 60 % as cuantías da subvención con respecto ao ano.
Esta reunión enmarcase nunha liña de conversas que o Concello está a ter coas ANPAS dos centros educativos (escola infantil, centros de infantil e primaria e instituto) e cos colectivos veciñais.

Deja un comentario