+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación apoia 164 proxectos a través da liña de axudas para actividades do Ano Castelao


Na comarca de Pontevedra foron aprobados 24 proxectos de asociacións e agrupacións culturais por un importe total de 44.618.95 euros
O obxecto desta liña de axudas, convocada en réxime de concorrencia competitiva, é o de promover e fomentar actividades culturais enmarcadas dentro do ‘Ano Castelao’ realizadas por persoas físicas e xurídicas sen fins de lucro. En total foron aprobados 164 proxectos presentados por asociacións e agrupacións culturais de toda a provincia. Por comarcas, en Deza e Tabeirós – Terra de Montes concedéronse 13 proxectos, no Morrazo 24, no Salnés 18, na comarca de Caldas 12, no Baixo Miño 16, no Condado – Paradanta 7, na comarca de Pontevedra 24, e na de Vigo 50.
Convén lembrar que esta liña dá cabida a proxectos e propostas enfocadas a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais, e en especial as disciplinas que cultivou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ou as que están relacionadas coa súa figura, e que contribúen á modernización e recuperación da cultura galega. A través destas axudas apóianse actividades tales como as xornadas e eventos relacionados coa memoria histórica; as actividades relacionadas co patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico; os festivais de corais, de música e baile tradicional; os intercambios culturais; e outros eventos nos que se fai referencia á figura de Castelao.
Para a adxudicación destas subvencións, as bases reguladores contemplaban catro criterios: a difusión da actividade, segundo sexa de ámbito local, provincial, nacional ou internacional; o orzamento total da actividade; a porcentaxe solicitada de financiamento; e a adecuación da actividade ao interese provincial.
Comarca de Pontevedra
Nos concellos da comarca de Pontevedra foron 24 os proxectos concedidos que suman un total de 44.618,95 euros. O concello con maior número de proxectos é Pontevedra que suma trece: “Festival Musical e Baile Tradicional Caldo 2016” da Asociación de Veciños O Castro de Santa María de Mourente; “XVIII Memorial Antonio Odriozola ‘Exposición da Camelia” da Asociación Cultural do Santísimo Cristo; “Exposición Castelao e o liño-gravado” da Asociación Cultural Urbana Taller Abierto; “Proxecto Castelao: Pintando traxes, tecendo harmonías” da Asociación Cultural Gaiteiros Os de Algures; “Dar a coñecer algo da nosa historia ‘Batalla de Ponte Sampaio” da Asociación de Veciños Heroes de Ponte Sampaio; “Xornada Cultural de Música Tradicional. Os Seráns” da Asociación de Gaiteiros Galegos; “Castelao: unha mirada galega universal” da Asociación Propon; “”Programa ‘to be or not to be’: os xogos de Castelao” da Asociación Benéfica Belmar Pontevedra; “Meu Pontevedra. Castelao en Salcedo” da Asociación de Veciños Salcedo-Norte; “A Illa de Tambo. Hisotria e Futuro” da Asociación Irmandade Illa de Tambo; “Seminario: Castelao, un deputado galeguista na II República” da Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar; “Memoria: 80 aniversario do Día da Galiza Mártir” da Fundación Alexandre Bóveda; “Exposición arqueolóxica e antropolóxica en Poio” da Asociación Cultural Galicia Histórica.
O concello de Ponte Caldelas suma 3 proxectos: “Festival folclórico nacional” da Asociación Cultural Buchabade, “Fomentar o galego a través de festivais de música” da Asociación Mulleres Rurais Aires do Norte e Olé; “Festa da batalla e feira antiga dos arrieiros no ano Castelao” da Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns. Cotobade ten dous proxectos: “IX Serán Cobas dedicado a Castelao” da Unión Musical de Tenorio; e “Festival de música e baile tradicional: VII Mostra Trazantes” da Asociación Cultural Os Trazantes Tenorio. Barro tamén conta con dous: “XV Xuntanza de Corais” da Asociación Cultural Coral Polifónica de Barro; e “Concerto ‘Unha noite de amor con Lela” da Asociación Cultura e Xuventude de Barro. Dous contabiliza tamén Poio: “Certame de curtametraxes Armadiña” da Asociación Cultural Deportiva e Medioambiental Armadiña; e “Festival de folclore-Intercambio” do Centro Cultural Ateneo Corredoira. En Campo Lameiro aprobouse o “Festival de Corais” da Asociación coral Polifónica de Campo Lameiro; e en Vilaboa “Irmán Daniel’ Castelao con Cabanillas en Vilaboa” da Asociación Cultural e Musical Escola de Música de Vilaboa.

Deja un comentario