+034 986 09 02 04 Domingo 05 de Xullo de 2020

O Concello de Bueu recibiu hoxe aos catro nenos e nenas saharauis


O Concello de Bueu recibiu hoxe aos catro nenos e nenas saharauis que este verán pasaron as súas vacacións na vila buenense no marco do programa «Vacacións en paz». O alcalde Félix Juncal, e os concelleiros/as María José Pérez, José Inocente García, Manuel Otero e o deputado e concelleiro Xosé Leal, recibíronos nun pequeno acto no salón de plenos, no que tiveron oportunidade de comentar a súa estancia ademais de facerlles entrega duns agasallos, que consistiron nun reproductor MP4, co que os pequenos e pequenas Ali-Salem, Lashan, Salamo e Karima quedaron moi contentos.
O alcalde destacou a importancia deste programa, xa que lles permite coñecer a nosa vila e todos os seus eventos, tal e como tamén lle comentaron os nenos.

Deja un comentario