+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

Os mércores e xoves terá lugar no Castelo de Dona Urraca a Cata Comentada de Viños


Arranca a última semana de agosto e con ela empezan os actos conmemorativos da Festa do Viño do Condado do Tea. Así tanto o mércores como o xoves terá lugar no Castelo de Dona Urraca a Cata Comentada de Viños. Unha actividade que se enmarca nos preámbulos da LVII Festa do Viño do Condado do Tea e que cada ano acolle a máis adeptos. Preto de 100 persoas participarán este ano nesta Cata que ten como fin último achegar os nosos Caldos a poboación, para que eles mesmos exerzan de embaixadores do Viño do Condado do Tea. Cata impartida por Antonio Alén, Gran Mestre da Cofradía do Viño do Condado do Tea

Deja un comentario