+034 986 09 02 04 Sábado 14 de Decembro de 2019

Comezo na Aula CeMIT do Concello de Ponteareas do segundo curso gratuíto de fotografía dixital


A Concellería de Novas Tecnoloxías, dirixida por Alberto Novoa Iglesias, deu comezo neste mes de novembro ao segundo Curso de fotografía dixital debido á gran demanda desta acción formativa por parte dos veciños, contando a anterior edición co número máximo de alumnos, o que levou a programar unha segunda edición deste curso, dando comezo este luns, día 24 de novembro, na Aula CeMIT do Concello de Ponteareas, situada no Centro de Servizos Sociais.
O Curso de fotografía dixital, cunha duración de 24 horas, levarase a cabo de luns a xoves, desde o 24 de novembro e durante dúas semanas, en horario das 16: 00 ás 19:00 horas, no que se tratarán entre outros contidos a composición, iluminación e técnicas para facer prácticas e a súa posterior edición e creación de álbumes dixitais. Así pois, neste curso complementarase tanto o aspecto teórico como práctico, cuxo obxectivo é dotar aos participantes dos coñecementos básicos de iniciación á fotografía. Ao remate do curso, os participantes recibirán o correspondente diploma acreditativo da súa formación.

Deja un comentario