+034 986 09 02 04 Xoves 13 de Decembro de 2018

Ciclo de Clásica, éxito de concerto o pasado domingo


O pasado domingo no auditorio ao aire libre da Leira de Briz tivo lugar un Concerto de música clásica protagonizado polo Oboista Sergei Lysenko e ao Piano Natalia Kiseliova.

Este ano o tempo respecto esta marabilla de concerto que foi gañando adeptos e foron moitos os que se achegaron e puideron gozalo.

Do mesmo xeito que o ano pasado é un verdadeiro luxo en Marín poder contar con esta parella de artistas que acompañados da súa filla van narrando e relatando as obras que eles posteriormente interpretan.

A Banda do Ateneo Santa Cecilia é a encargada e a anfitrioa que coida ata o último detalle para que o desenvolvemento sexa de principio a fin un verdadeiro pracer que todos os presentes apreciaron e puxeron gozar.

O broche de ouro xurdiu na emoción de todos os presentes cando interpretaron EU DE MARIN AUSENTEIME… que provocou que o público agradecese ese detalle respondendo en pé cun fortísimo aplauso.

Un espectáculo musical do máis alto nivel que o público marinense gozou moito, podendo na Leira de Briz gozar dun tempo envexable.

Deja un comentario