+034 986 09 02 04 Xoves 05 de Decembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O Programa “Depo RuArte” achega en setembro máis de 20 actividades para mozos e mozas da provincia


Deputación ten en marcha este pioneiro programa de dinamización xuvenil para achegar propostas de lecer que atendan as demandas actuais da mocidade

Durante a primeira quincena de setembro, o programa “Depo Ruarte”, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai desenvolver máis de 20 actividades en outros tantos concellos da provincia para mozos e mozas. Trátase de propostas de lecer que atenden as demandas actuais da xuventude, servindo ademais de espazos de encontro e intercambio de experiencia para todos e todas as participantes.

En Campo Lameiro vaise desenvolver o curso “Curtametraxes co móbil”; en Catoira “A Cociña da Avoa”; en Cotobade “Cociña en Verde”; en Covelo “Graffiti”, ao igual que en Cuntis; en Fornelos de Montes “Curtametraxes co móbil”; no Grove “Monólogos na rúa”; en Lalín “Graffiti”; en Meaño “Coctelería e batidos sen alcohol”; nas Neves “Sobre rodas”; en Nigrán “Graffiti”; en Pazos de Borbén “Coctelería e batidos sen alcohol”; en Ponte Caldelas “O mundo no prato”; no Porriño “Graffiti”; en Rodeiro “O mundo no prato”; no Rosal “Coctelería e batidos sen alcohol”; en Salceda de Caselas “O teu corpo: un instrumento”; en Sanxenxo “Curtametraxes co móbil”, ao igual que en Soutomaior; en Vila de Cruces “Coctelería e batidos sen alcohol”; en Vilaboa “Hip-hop”; e por último, en Vilagarcía de Arousa “A cociña da avoa”.

Os mozos e mozas, de entre 14 e 30 anos, interesados en algunha destas actividades deben inscribirse no concello correspondente, podendo facelo aínda que non estean empadronados. No caso de quedaren prazas libres, tamén se poderán anotar persoas de fóra dese rango de idade.

As actividades ofertadas en “Depo Ruarte” agrúpanse en cinco bloques temáticos, acordes coas preferencias e gustos da mocidade actual. Trátase de MusicArte, RuArte, UrbanArte, CreArte e CociñArte. Dende o pasado mes de xuño e ata mediados de setembro, mozos e mozas da provincia poden participar, por exemplo, en actividades como graffiti, monopatín,, break dance, cociña de doces, funky ou monopatín. “Depo Ruarte” é un programa de dinamización xuvenil para achegar actividades de lecer que atendan as demandas da xuventude actual, ofrecéndolles ademais así espazos de encontro e intercambio de experiencias para a xuventude. A Deputación inviste nesta iniciativa 98.570 €.

Deja un comentario