+034 986 09 02 04 Xoves 19 de Xullo de 2018

O Concello acomete a renovación de canastras e redes nos parques infantís e zonas deportivas


 

Dende a semana pasada os espazos públicos locen novos materiais para mellorar as zonas de práctica deportiva

Dende a semana pasada o Concello do Grove comezou a renovación das redes e canastras dos parques infantís da vila. Trátase de mellorar o estado daqueles puntos onde cativos e non tan cativos realizan práctica deportiva non regrada ao aire libre. Os esforzos realizados na mellora dos parques infantís vense así cumprimentados coa colocación de redes e canastras substituíndo as que se atopaban en mal estado ou incluso repoñendo algunhas inexistentes.

O Concello do Grove lembra que os espazos públicos son unha prioridade e que o seu coidado e mantemento resulta fundamental, especialmente no relativo a aqueles lugares que son empregados polos máis cativos e para a práctica deportiva.

Deja un comentario