+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019

O concello apoia ao Club de Balonmano Porriño na presentación oficial do primeiro equipo que participará unha tempada máis na División de Honra Feminina


A alcaldesa, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, acompañaron este martes ao presidente do Balonmano Porriño, Fernando Godoy, e as súaas xogadoras na presentación do primeiro equipo, que participará, unha tempada máis, na División de Honra Feminina-Liga Loterías do Balonmán Español.
O escenario elixido para o acto foi a Praza de Antonio Palacios, diante do Concello, cunha sesión de “Balonmán na rúa”, na que participaron os integrantes de todas as categorías do clube. Ademáis as xogadoras da primeira plantilla asinaron autógrafos, houbo sorteos e se amosou aos afeccionados e veciños do Porriño a Campaña de Seareiros “Damos a cara por ti!”.
Manuel Carrera lembrou a súa etapa de deportista profesional para subliñar a importancia dos logros das integrantes do clube de balonmán do Porriño e sinalou que os mesmos ”teñen que ver coa esforzo, coa dedicación e moito menos coa sorte, porque a base do voso éxito é a vosa entrega”.
Pola súa banda, Eva García de la Torre transmitiulles a todos os membros do Balonmano Porriño o “orgullosos que estamos todas as veciñas e veciños do Porriño de todos vos, sodes un exemplo para todos e aínda vemos con emoción a vosa estupenda actuación na fase final da Copa da Raíña que se disputou na nosa vila hai uns meses”.
Os actos de presentación rematarán cun encontro amistoso entre o equipo de Abel Estévez e o Colexio de Gaia, ás 20:00 h. no Pavillón Municipal.

Deja un comentario