+034 986 09 02 04 Luns 20 de Novembro de 2017

Medio Ambiente mellorará os equipos do bombeo de captación no río Umia do concello de Portas


A conselleira, Beatriz Mato, e o rexedor municipal asinaron un convenio de colaboración para a execución desta actuación en materia hidráulica

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio levará a cabo unha actuación para mellorar os equipos de bombeo de captación no río Umia do concello de Portas.

Así se recolle no convenio que asinaron a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Víctor Estévez. Este acordo establece un investimento aproximado de 60.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Con esta actuación preténdese solucionar a problemática nas bombas instaladas na actualidade cun dobre obxectivo: aumentar o caudal de bombeo e reducir o consumo enerxético mediante a substitución e adaptación de diferentes elementos da instalación, así como a través da implantación dun sistema de protección e limpeza automática.

Deja un comentario