+034 986 09 02 04 Domingo 23 de Setembro de 2018

A campaña de control de velocidade do mes de agosto sáldase  con máis de 10.000 vehículos controlados e só 26 denuncias


 

A Policía Local destaca a notable baixada de infractores con respecto a anteriores campañas

A campaña de control de velocidade emprendida durante o período do 22 ao 28 de agosto e que afectou a varias rúas do casco urbano (Xoán XXIII, Teniente Domínguez, Estrada do Conde e zona de entrada ao casco urbano en Campos), supuxo que se controlaran 10.353 vehículos. Como se pode observar nas táboas que se xuntan, o maior número de controis realizouse entre o martes e o mércores desa semana.

De este elevado número de vehículos controlados tan só 26 foron denunciados por exceso de velocidade na vía correspondente. 10 durante a mañá do martes 23, 12 o mércores 24 e 4 na mañá do último domingo de control. Trátase, polo tanto, dunha porcentaxe moi baixa de infraccións, sobre todo en comparación con campañas anteriores, o que supón un dato alentador para a seguridade do tráfico.

Deja un comentario