+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

Quedan prazas dispoñibles para os cursos que COGAMI vai iniciar en Vigo a mediados de setembro


Os cursos, dirixidos a persoas con discapacidade desempregadas, son de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia a mediados de setembro dous cursos de formación que están orientados a persoas con discapacidade desempregadas de Vigo e comarca. En total, serán 30 prazas, 15 por curso, as que poderán cubrirse para ocupar postos de traballo relacionados con servizos administrativos e de atención sociosanitaria.
O primeiro dos cursos, que iniciará o 19 de setembro, é de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Consta de 468 horas lectivas, repartidas en clases de 8 horas de duración que se impartirán durante as mañás nas instalacións que COGAMI ten en Vigo (rúa Teixugueiras, nº 15, baixo, en Navia). Para apuntarse a este curso, aparte de ser necesario ter certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, é preciso ter competencias clave nivel 2, graduado en ESO ou equivalente.
O segundo curso, que está previsto inicie o 20 de setembro, é de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais. Constará de 448 horas de duración, co que rematará a mediados de decembro e impartirase en horario de mañá tamén nas instalacións que COGAMI ten en Vigo. Para apuntarse non se pide ningún requisito formativo.
As persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, que estean desempregadas, e queiran participar nalgún destes cursos, está a tempo de anotarse, para o que é preciso contactar con COGAMI no teléfono 986 281 893, preguntando pola orientadora laboral Marta Molina.
Ámbolos cursos, financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, están homologados e inclúen certificados de profesionalidade. Como ocorre co resto dos cursos AFD, ao finalizar as clases teóricas, realizaranse prácticas non laborais en empresas da zona.

Deja un comentario