+034 986 09 02 04 Xoves 22 de Febreiro de 2018

Meis clausura a súa Ludoteca de Verán


Clausura Ludo Meis (21)

 

No dia de onte tivo lugar o acto de clausura de Ludo Meis.

Ludo Meis foi unha actividade creada para os meses de Xullo e Agosto repartida en catro quincenas. O horario de 8:00h a 15:00 permitiu unha mellor conciliación da vida persoal familiar e laboral. Os nenos e nenas participantes de entre 3 e 12 anos foron un total de 100 repartidos nas catro quincenas e algúns repetiron quincenas, gozaron de múltiples actividades. Na primeira, segunda e terceira quincenas houbo 6 monitores e na última 5.

A primeira quincena baseouse en Harry Potter. Dedicáronse a facer apócemas, gominolas xogar a Quidich e participaron 75 nenos e nenas.

O Mar foi o tema da segunda quincena na que se construiu  un Diario da natureza, foron á praia e gozaron  en kaiak entre outras moitas actividades. Nesta participaron 75 nenos.

Na terceira quincena o tema eran as Rodas. Os participantes trataron temas de educación viaria e mesmo gozaron dunha carreira de carrilanas. Nesta participaron 69 nenos.

A arte foi o tema da cuarta e última quenda, onde fixeron cadros pixelados das súas caras e o nenos e nenas participantes foron 50.

Para os nenos que para o ano xa non poderán gozar da Ludo Meis debido á súa idade  realizaron unha acampada.

Pola mañá montaron un Entroido de Verán e pola tarde gozaron dun inchable onde saltaron ata cansarse ademais de gozar doutro inchable de auga onde se refrescaron do bo día e as altas temperaturas, por último remataron cunha festa da escuma, todo iso amenizado con música.

O alcalde José Luís Pérez recalca que este tipo de actividades son moi importantes xa que logran conciliar a vida laboral coa persoal e permite que os fillos de quen ten que traballar nestas datas estean estupendamente atendidos e agradece o gran labor de todo o persoal que fai posible isto.

Deja un comentario