+034 986 09 02 04 Xoves 03 de Decembro de 2020

Non rotundo dos escolares porriñeses á violencia de xénero


Alumnos dos centros do IES Ribeira do Louro, CEIP Ribeira do Louro, CEIP Antonio Palacios, ACEESCA e usuarios o Centro de Día formaron ás 11.00 h desta mañá unha gran cadea humana para lanzar unha mensaxe de repulsa ante a violencia contra a muller

A través da concellaría de Igualdade e Benestar Social que dirixe Teresa Veloso, en colaboración coa concellaría de Emprego e Formación, dirixida por M. Alejandro Lorenzo, o Concello de Porriño veu desenvolvendo estes días atrás, diferentes actividades con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia Contra a muller.

Ademais das Xornadas contra a violencia de xénero que se celebraron o pasado venres no Centro Cultural Municipal, o Concello centrou na educación dos nosos nenos a maior parte da programación, realizándose distintas actividades de sensibilización en varios centros escolares do noso municipio.
Así, os alumnos do CEIP Ribeira do Louro e CEIP Fernández López, a través de varias técnicas manuais, baixo a titoría de Begoña Lesende e os 9 integrantes do curso de Animación Sociocultural do obradoiro de emprego Porremprego II, foron desenvolvendo e elaborando, escenas e personaxes relacionados coa violencia de xénero; estes traballos facíanse públicos esta mañá no Centro Cultural de Porriño, onde estarán expostos ao público ata o 1 de decembro.

Deste modo, esta mañá quedaba inaugurada esta exposición, que contou coa presenza da concelleira, Teresa Veloso; o concelleiro de Emprego e Formación, M. Alejandro Lorenzo; unha representación dos alumnos participantes e os integrantes do curso de Animación Sociocultural do obradoiro Porremprego II.

Tras o visionado dos curtos que algúns dos estudantes realizaron e protagonizaron asumindo distintos roles, Begoña Lesende afirmou que se senten moi orgullosos polo interese e a forma de entender este problema que demostraron os alumnos. Os monitores afirmaron que «dende un principio quixemos facer algo directo no que eles mesmos expuxeran como ven este tema, sorprendeunos a gran concienciación que teñen en xeral»; precisamente acerca destas prácticas de Porremprego II, M. Alejandro Lorenzoagradeceu aos monitores «o gran traballo que están a realizar, ademais están a participar en distintas actividades, dirixidas a desenvolver unha profesión que ten moito futuro,».
Entre os traballos realizados polos estudantes podemos encontrar dende unha gran colaxe, as maquetas de dúas casas nas que se escenifican escenas con e sen violencia; un libro con mensaxes de rexeitamento, murais…; entre os que podemos ler frases como «A violencia non serve», Rematemos coa discriminación», «Fora ou maltrato», «A violencia non leva a ningún lado», «Non ao maltrato, se ao respecto»…

Por outro lado, ás 11.00 h en Torneiros, alumnos do IES Ribeira doLouro, CEIP Ribeira do Louro, CEIP Antonio Palacios, ACEESCA e usuarios o Centro de Día; formaban unha gran cadea humana, tras a que grupo de alumnos cantaron unha canción. Tamén se leron manifestos e lemas, nun día no que o non rotundo dos escolaresporriñeses á violencia machista foi o protagonista.

Deja un comentario