+034 986 09 02 04 Luns 20 de Novembro de 2017

Economía pon en marcha en Vilagarcía dous obradoiros de emprego dedicados á dinamización de tempo libre, carpintería e xardinería


O xefe territorial deste departamento en Pontevedra, Ignacio Rial, asistiu á inauguración destacando que unha destas iniciativas estará destinada á menores de 25 anos 

O xefe territorial de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial, asistiu esta mañá á inauguración dos dous obradoiros de emprego que se van desenvolver durante os próximos seis meses en Vilagarcía de Arousa.
O xefe territorial estivo acompañado polo concelleiro de Promoción Económica de Vilagarcía, Juan Antonio Pérez Callón.
Os 2 obradoiros terán unha duración de seis meses. Durante o periodo de formación a Xunta financiará o soldo dos participantes e a súa contribución á Seguridade Social, así como o dos docentes e o dos administrativos que xestionen o proxecto. Pola súa banda, os concellos encargaranse da organización directa dos cursos mentres a selección dos profesionais que os levarán a cabo e a relación cos participantes dependerá dunha comisión mixta entre Xunta e concellos beneficiados. “Isto pon de relevancia”, tal e como subliñou o xefe territorial, “a importancia da colaboración entre institucións”.
Ignacio Rial recordou que o obxectivo destes obradoiro é a contratación de desempregados que ademais de recibir un soldo adquiren unha formación teórico-práctica que lle permite acadar un certificado de profesionalidade co fin de obter unha mellor inserción laboral.

Un dos obradoiros que hoxe deron comezo está destinado a menores de 25 anos: “Labora@xove2”, que conta cun investimento por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria de algoi máis 130.000 euros. O obxectivo destes cursos é preparar a 15 alumnos nas especializades de dinamización de actividades de tempo libre e na organización de actividades de funcionamento de instalacións deportivas.
Por outra banda, Vilagarcía contará tamén cun obradoiro dedicado a instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e traballos de carpintería e moble. Neste taller formaranse 20 alumnos grazas a unha aportación da administración autonómica de 180.000 euros. Con este obradoiro poñeranse en marcha melloras de xardíns e zonas verdes nos parques de Castro Alobre, A Coca, A Xunqueira e a Concha.
Os alumnos levarán a cabo prácticas organizando e dinamizando actividades de tempo libre dirixidas á infancia e á xuventudes, así como levando a cabo asistencia operativa aos técnicos deportivos no desenvolvemento de actividades deportivas, tarefas de control de acceso, circulación, asistencia a usuarios e mellora da seguridade nas instalacións de titularidade municipal.
En total, a provincia de Pontevedra contará con 29 obradoiros. “Cinco destas iniciativas corresponderán a obradoiros para menores de 25 anos que xa, o ano pasado, tiveron unha moi boa acollida”, engadiu o xefe territorial.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina este ano máis de 18 millóns de euros aos obradoiros de emprego, incluíndo esta cantidade unha liña de apoio específica aos menores de 30 anos para mellorar a súa inserción laboral. Destes programas mixtos de formación e emprego, cos que se poden acceder aos certificados de profesionalidade, poderán beneficiarse preto de 2.000 desempregados.
A posta en marcha destas iniciativas ven a demostrar a importancia da colaboración institucional entre administracións, que permite poñer en marcha importantes proxectos que loitan contra o desemprego.

Deja un comentario