+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018

Reunión representación traballadores de URBASER


Onte tivo lugar unha reunión entre a representación dos traballadores da empresa URBASER en Marín e a alcaldesa e os concelleiros responsables de Facenda e medio ambiente.

A reunión foi concreta e desde a alcaldía expúxose a posibilidade contemplada na emenda que o pasado xoves rexeitaron os grupos da oposición, pero que o equipo de goberno está disposto a incluír na redacción dos pregos que rexerán a futura licitación.

A posibilidade de esixir ao novo concesionario un persoal mínimo de traballadores que teña o reflexo no estudo económico e de explotación do servizo que acompaña aos pregos de prescricións técnicas, e que deba mantela ao longo dos 8 anos que durará o contrato de xestión do servizo público de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos.

Nesa parte o equipo de goberno manifestou a súa vontade de incorporala con garantías de que sexa tida en conta e obrigue ao concesionario a contar cun mínimo de persoal.

Quedaron pendentes de consulta algúns aspectos para tratar de incluír máis especificamente aspectos no estudo económico e que sexan obxecto de explicitación, aspecto este último pendente de contestación por parte da alcaldesa unha vez que se consulten tanto a parte económica, como a xurídica.

É evidente que houbo vontade, total de acordo, aínda que efectivamente as limitacións legais esixen que sexamos cautos e tratamos de dar o máximo de garantías posibles.

Outro aspecto é axilizar a tramitación administrativa tratando de limar os aspectos e tendo o expediente informado para proseguir canto antes coa súa tramitación.

A reunión foi cordial e concreta, tratando este asunto coa mellor das opcións no posible para non esquecerse que é un contrato administrativo e a Administración non debe excederse nin inmiscirse nas relacións laborais entre unha empresa e os seus traballadores.

Deja un comentario