+034 986 09 02 04 Luns 24 de Xuño de 2019

O embaixador de Chile en españa visitou esta mañá o concello de Bueu


Francisco Marambio conversou co alcalde e concelleiros da vila, e asinou no Libro de Honor de persoeiros ilustres
O embaixador de Chile en España, Francisco Marambio, atópase estes días hospedado nunha casa rural da vila buenense. Con esta ocasión, non puido perderse a visita ao Concello de Bueu, onde o recibiron o alcalde, Félix Juncal, e os concelleiros Silvia Carballo, José Cuervo e Fidel Castro.
Durante esta mañá aproveitaron para conversar cos responsables locais, unha charla na que intercambiaron opinións a propósito das relacións entre ambos países e os principais recursos de ambas economías.
Marambio mostrouse moi contento por esta recepción, ao remate da cal o rexedor buenense aproveitou para agasallalo cun faro de Ons e unha bandeira da vila, ademais de libros e discos musicais, detalle que agradeceu especialmente o embaixador. Correspondendo ao xesto, o alcalde recibiu unha medalla de edición limitada coa lembranza do “Nitrato de Chile”, elemento que se atopa na memoria histórica do país.
A visita serviu para dar a coñecer a vila buenense e para explorar as fronteiras e as formas de vida. Neste senso, Marambio, que aproveitou estes días para reunirse con autoridades e coñecer a gastronomía mariñeira, declarou que “o modelo das casas rurais españolas está moi ben explotado, e deberíamos levalo a Chile”.
Tras o acto, o alcalde mostrouse orgulloso de que na vila morracense recalen autoridades de todo o mundo, o que mostra a boa saúde do turismo, que este verán medrou arredor dun 20%, dato do que fixo alarde Félix Juncal.

Deja un comentario