+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

O presidente da Xunta en funcións avanza un investimento de 25 millóns de euros para a implantación dos proxectos que inclúen os programas Innova Saúde e Hospital 2050


Indica que, mediante este acordo, cunha duración de catro anos, vanse a seleccionar para a adxudicación a todos os licitadores que obteñan unha puntuación mínima, indicada nos criterios

O presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Consello da Xunta autorizou a contratación do acordo marco dos programas Innova Saúde e Hospital 2050, destinando 25 millóns de euros para a implantación dos proxectos que inclúen.

Como sinalou o xefe do Executivo galego en funcións, ámbolos dous programas, cofinanciados con fondos Feder, teñen como horizonte final que a información atenda as decisións máis importantes da sanidade e que a tecnoloxía se poña a disposición dos pacientes.

Así, mediante este acordo, cunha duración de catro anos, vanse a seleccionar para a adxudicación a todos os licitadores que obteñan unha puntuación mínima, indicada nos criterios.

Os proxectos desenvolvidos no marco do Innova Saúde e o Hospital 2050
No relativo aos proxectos que se desenvolven no marco dos programas Innova Saúde e Hospital 2050, Feijóo destacou que comprenden moitos aspectos relacionados coa mellora da asistencia sanitaria, como unha plataforma para que os profesionais do Sergas alerten en caso de enfrontarse a situacións de risco ou outra plataforma de procesamento avanzo de imaxe médica dixital de axuda á diagnose por Deseño Asistido por Computadora.

Do mesmo xeito, inclúense módulos tecnolóxicos para a detección do melanoma e de nódulos pulmonares; un sistema de comunicación en tempo real entre pacientes e profesionais; un centro de adestramento e simulación médica; unha canle informática para mellorar os servizos 2.0 que se lle prestan ao paciente; un sistema de sinatura electrónica; e unha ferramenta de explotación de datos clínicos e epidemiolóxicos baseada no big data.

Tamén se integrará un novo xestor integrado de pacientes; varias iniciativas encamiñadas a reforzar e garantir a seguridade informática dos datos do Sergas; un sistema de xestión de quendas de urxencias; unha plataforma de asistencia a domicilio; e un sistema para mellorar a xestión do persoal do Sergas, entre outros proxectos.

Segundo especificou o presidente da Xunta en funcións, trátase de “proxectos innovadores”. Así mesmo, explicou que no caso de que as empresas que desenvolveron estes proxectos queiran vendelos, o Sergas quedaríase cunha parte.

Como matizou Feijóo, a Xunta inicia un proceso, sen asumir ningún compromiso, dando a coñecer ás empresas deste campo da saúde que na vindeira lexislatura se vai a traballar nestes proxectos de tecnoloxía.

Deja un comentario