+034 986 09 02 04 Domingo 27 de Setembro de 2020

Menús preparados polos alumnos do»Obradoiro de Emprego Conca Río Verdugo-Oitavén»


As 7 participantes na especialidade de «Atención Sociosanitaria de persoas a domicilio» prepararon pratos baixos en sal e con abundantes vexetais para unha dieta equilibrada

Os alcaldes de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, o de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, e o anfitrión da Lama, Jorge Canda, realizaron unha visita aos alumnos dos tres módulos do «Obradoiro de Emprego Conca Río Verdugo-Oitavén» que se desenvolve no municipio lamense e degustaron un dos menús elaborados polas alumnas da especialidade de «Atención Sociosanitaria de persoas a domicilio» que se imparte no devandito ciclo formativo.

As sete alumnas que están a realizar prácticas de cociña co fin de que a súa formación sexa a máis completa posible para poder prestar nas mellores condicións posibles a atención sociosanitaria a domicilio a persoas con dificultades de autonomía e con alto grao de dependencia preparon un menú equilibrado con pouco sal e con presenza de vexetais en harmonía cunha dieta equilibrada.
Así, os tres alcaldes, en compañía dos alumnos dos outros ciclos, de xardinaría e forestal, degustaron, de primeiro, unha Quitche ou pastel de cabaciña, atún e queixo; de segundo, unha fideuá de mexillóns e lagostinos e, de sobremesa, torta de améndoas.

As alumnas deste ciclo de Atención Sociosanitaria de persoas a domicilio son todas veciñas do municipio de Fornelos de Montes e ademais de aprender a cociñar teñen entre as súas materias cuestións relacionadas cos primeiros auxilios, a atención especial a persoas de idade elevada, etc.

Os rexedores aproveitaron a súa estanza no centro formativo da Lama para felicitar a directora do Obradoiro de Emprego, Paloma Lambás, quen animou aos alcaldes a visitar outro día con maior dedicación os outros dous módulos que se están a impartir no que participan alumnos de ponte Caldelas e A Lama.
Este Obradorio ten unha duración de seis meses cunha inversionpresupostaria entre o que achega a Xunta e os Concellos duns 220.000 euros. O obxectivo destes cursos é preparar unha vintena de alumnos, aos que hai que sumar o persoal contratado para dar formación en Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio e en Forestal-Xardinaría: un director, unha titora, unha administrativa e tres monitores.

As persoas desempregadas participantes como alumnado traballador perciben o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os meses que durarán estes proxectos. En Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio fórmanse 7 alumnas e en Forestal-Xardinaría outros 13.

Así, durante a súa formación, as alumnas do módulo darán de atención sociosanitaria persoas residentes no concello de Fornelos de Montes no seu domicilo. Ademais, tamén se levará a cabo o mantemento e mellora de zonas verdes do concello de Ponte Caldelas e da ruta de sendeirismo «Tras os pasos do río Xesta» daLama.

No municipio de Ponte Caldelas, en concreto, levaranse a cabo labores de mantemento do complexo deportivo Chan dá Barcia, os xardíns de Xerardo Carballal Morgade, a praza de Frai Antonio Orge, o paseo do Río, o parque do paseo Manuel Cordo Boullosa e a urbanización do edificio Sol.

No caso da Lama, a maiores, tamén se acondiconará a Carballeira de Os Prados e repoboarase o polígono industrial de Racelo.

Deja un comentario