+034 986 09 02 04 Venres 30 de Outubro de 2020

O equipo Vgo Basket visitou o CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera para promover o baloncesto entre o alumnado


Os xogadores Lucas Vaquero, Javier Domínguez, Luís Rubianes, Johnathan Murphy e Jovan Vukasinovic do club vigués, recen ascendidos á Liga EBA nesta tempada, fixeron as ledicias dos máis cativos e cativas
O proxecto deportivo do VGO Basket, asociación deportiva sen ánimo de lucro, ten como obxectivo continuar co ciclo formativo dos xogadores novos de talento que pasan a sénior, da área metropolitana de Vigo ou que veñan a estudar a Vigo, cun equipo enfocado a competir en ligas nacionais. Está formado maioritariamente por xogadores de entre 18 e 23 anos. Tentan detectar e seleccionar o talento na área de Vigo con proxección nas ligas LEB e ACB. Tratan, tamén, de vincular aos clubs con equipos de base da área e, así, ser o referente para competir en ligas organizadas pola Federación Española de Baloncesto.
No apartado social, apoian aos xogadores na súa formación educativa, promovendo a realización de prácticas en empresas colaboradoras, colaboran activamente cos clubs de baloncesto base da área metropolitana de Vigo, así como tentan devolver o baloncesto de alto nivel aos afeccionados ao baloncesto de Pontevedra.
“Este tipo de visitas aos centros educativos sempre son benvidas, porque estes deportistas poden ser un exemplo para algún de estes nenos e nenas. Nun futuro, algún destes nenos e nenas pode que sexa xogador de baloncesto, pode que esta visita sexa unha inspiración e unha motivación”, indicou o alcalde Xosé Represas, presente na mesma.

Deja un comentario