+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018

O Auditorio Municipal de Ribadumia retoma a súa programación


O Concello de Ribadumia informa que o próximo sábado 15 de outubro o Auditorio Municipal de Ribadumia retoma a súa programación, e será nesta ocasión ca I Gala Benéfica contra a leucemia, as 19 horas.
Durante os próximos 3 meses terán lugar actuacións que acercarán a Ribadumia teatro, música, contacontos, diversión, solidaridade, etc Para elo contaremos Bea Campos, Amigos do Acordeón Rías Baixas, Grupo Alecrín, Grupo Aturuxo, Banda de Música de Meaño, Grupo Argallada, Banda Infantil e Xuvenil da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia, Cándido Pazó, O Castro e Banda de Música de Ribadumia.
O Concello de Ribadumia cree na cultura e na importancia de promocionar esta en calquera das súas vertentes. Por iso a súa predisposición para colaborar sempre que sexa posible con actividades que promocionen esta area.
Por suposto toda a programación está a disposición dos veciños e veciñas, así como de visitantes no Concello en horario de 8 a 15 horas, estando tamén dispoñibles os teléfonos 986718491/99 para realizar calquera consulta, ou poden ampliar información na propia web www.ribadumia.org.

Deja un comentario