+034 986 09 02 04 Martes 17 de Setembro de 2019

A primeira edición da Feiramostra de produtos ecolóxicos e naturais terá lugar no centro de Ponteareas o vindeiro sábado 15 de outubro


Desde as 10.00 ás 20.00 horas vinte expositores con diferentes ofertas encherán as rúas de Oriente e Esperanza
Se a boa ecoloxía é a interdependencia equilibrada dos seres e o ecosistema, a boa ecoloxía social susténtase nun planeta ben coidado, onde os individuos e sociedades cumpren correctamente co seu papel.
Así, entre os vinte expositores que haberá nas rúas Oriente e Esperanza, destacan as iniciativas económicas familiares que comezan e pechan o seu ciclo produtivo como lácteos ou apicultura; outras, cuxos materiais construtivos non agreden a longo prazo como a bioconstrución; alimentos frescos, de garantía, comercio Xusto, asociacións con intolerancias alimentares como a celiaquía, proxectos económicos de marmeladas e licores baseados nunha soa árbore: o fermoso sabugueiro; proxectos educativos do territorio con resultados prácticos como o da CIFP A Granxa, e proxecto sobre o Patrimonio Inmaterial do Condado.
Completan a feira obradoiros sobre plantas aromáticas, reciclaxe e de elaboración dunha pasta dentífrica para cativas e cativos que combinan o lecer e o coñecemento, e outros elaboración de candeas e conservas ecolóxicas para ser participados polas persoas adultas.

Deja un comentario