+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

O Goberno local creará 40 novas prazas de aparcamento a carón da Praza Maior


O goberno local asinou acordo cos propietarios de varias fincas para contar con novos espazos de estacionamento na rúa Santa Ana
O alcalde Xosé Represas asinou este venres 14 de outubro o acordo para dispor de varias fincas a carón da Praza Maior, na zona da rúa Santa Ana, destinadas a garantir novos espazos de estacionamento no núcleo urbano de Ponteareas. O Concello levará a cabo tarefas de desbroce e limpeza, así como adecuación do espazo, nas vindeiras semanas para crear até 40 novas prazas de aparcamento.
“Tentamos ampliar as zonas de estacionamento necesarias no centro da vila, mentres non cheguemos a unha solución máis global”, concordan o alcalde, Xosé Represas, e a concelleira de Urbanismo, Vias e Obras, María Jesús Garrote.

Deja un comentario