+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

A nefasta xestión da tramitacion do actual goberno socialista do remanente de tesoreria do ano 2015 pode conducir ao caos orzamentario do concello no ano 2017


O Grupo Municipal Popular quere denunciar o que considera unha nova mostra da pésima xestión do actual equipo de goberno socialista en Nigrán.

Despois de 4 anos de goberno popular, a economía e a situación económica do concello de Nigrán deu un envorco total e absoluto que o converteu nun dos concellos economicamente máis saneados e cunha situación económico financeira envexable. A pesar diso, e de atoparse con esta situación á súa chegada ao goberno local, o partido socialista en pouco máis dun ano puido xa condicionar esta situación económica e provocar un auténtico caos orzamentario ás arcas municipais.

Tras o peche do exercicio 2015, unha das cuestións que os gobernos municipais deben realizar para tomar decisións no ámbito económico – financeiro do concello, é o cálculo e aprobación do remanente de tesourería. O goberno municipal socialista determinou a contía global do Remanente de Tesourería 2015 (remanente que provén do orzamento dese ano, aprobado polo PP e xestionado en gran parte polo anterior equipo de goberno popular) a sete meses do peche do exercicio orzamentario dese ano, o que demostra a nefasta xestión e o evidente atraso. Posteriormente tivo que ser aprobado en sesión plenaria o destino deses fondos.

O anuncio público para a contratación das dúas primeiras obras e de máis relevancia fíxose a primeiros de outubro (Abastecemento de Auga de Parada e Reforma do Pavillón Municipal de Panxón). Vendo o perfil do contratante da páxina web do Ayto. de Nigrán evidénciase que o tempo medio existente entre o anuncio de licitación de contratacións e a adxudicación definitiva adoita ser superior aos cinco meses, cando se trata de expedientes de publicación obrigatoria no BOP.
O período medio en caso de obras desde que se inicia o expediente administrativo da contratación ata a primeira certificación de obra é aínda maior que o prazo de cinco meses comentado antes.
Os informes presentados polos técnicos municipais ao Sr. Alcalde e ao seu equipo de goberno, indican que se ao 31 de Decembro do 2016 non se presentou no rexistro do Concello unha primeira certificación destas obras e que esta conte coa aprobación dos servizos técnicos municipais, o remanente de Tesourería do 2015 non poderá xa sufragar o custo destas dúas obras. De ser así, ao iniciarse un expediente administrativo de contratación destas actuacións, estas deberán financiarse con orzamento municipal do 2017(lembrar que o importe destas dúas obras supera os 900.000 Euros). Ao ser o Orzamento anual municipal duns escasos 13 MM de euros, as partidas de investimentos 2017 desparecerán completamente e entraría en serio perigo o mantemento dos servizos municipais básicos.
A oposición vén advertindo de forma reiterada ao Sr. Alcalde que ao ocuparse de moitas responsabilidades, moitas delas fose do ámbito municipal, a xestión diaria podería saír prexudicada, como se está vendo con este claro exemplo. O alcalde socialista sempre escapa da súa responsabilidade e escusa os seus fallos nos servizos e funcionarios municipais. O principal problema é a nefasta xestión xa que xestionar é priorizar e para iso hai que ter claro as prioridades e os recursos humanos e materiais cos que se conta para levalas a cabo, mentres que o partido socialista actúa coa improvisación como eixo fundamental e coa política da propaganda, sen importarlles cales son os problemas e as cuestións que requiren maior, prioritaria e responsable actuación.

Deja un comentario