+034 986 09 02 04 Martes 22 de Setembro de 2020

Suspéndense, ata o ano que ven, as citas para os trámites de renovación ou expedición do DNI nas dependencias da Policía Local do Porriño


A Policía Local do Porriño informa de que ata o ano que ven non se darán citas nas súas dependencias para a renovación ou expedición do Documento Nacional de Identidade (DNI). O vindeiro mes de novembro, indica, so poderán ser atendidos para o devandito trámite os cidadáns que quedaron pendentes de cita en Outubro.
O motivo desta decisión é a indicación por parte da Policía Nacional de que na actualidade é imposible atender todas as solicitudes para a renovación do DNI, ado o seu número e que, considerando esta circunstancia, cando sexa factible, fará público o calendario de citas para o ano que ven.

Deja un comentario